23 sept 2014

NOVA MASCOTA

Tras escoitar un conto dos nenos de 1º no que a protagonista tiña unha mascota, saiunos a inspiración de ter nós un animaliño de compaña no CEIP de San Cosme. Fixemos unha votación para decidir cal sería: tartaruga ou hámster. Foi una decisión complicada pero ao final quedamos co hámster. Non remataran as votacións, quedaba poñerlle un nome...BUNI foi a elección (moi axustada 8-7).
A partir de agora teremos que buscar información sobre Buni e a súa raza, o país de orixe, alimentación, reprodución,...e non só iso: descubriremos contos de ratiños, películas de estes roedores, faremos manualidades para Buni. Aprenderemos a coidalo, levarémolo ás casas en vacacións longas e contaremos as experiencias vividas con el. Non vos perdades todo o que contaremos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario