Onte, 23 de abril foi o día do libro. Sabemos que elexiron esta data porque, entre outros escritores importantes, morreu o excelente Miguel de Cervantes. Para conmemorar este día, decidimos facerlle unha visita á biblioteca municipal, onde Mª José explicounos varias cousas sobre a organización da biblio, as novidades das que dispón e leunos varios exemplares como "HOLA, HOLA", moi recomendable para concienciarnos do abuso que facemos na actualidade da tecnoloxía, olvidándonos de "quen" e "que" nos arrodea.
Ademais repartiu agasallos entre o alumnado e as metras, polo que só podemos dicir: moitas gracias Mª José pola túa amabilidade!!!
No CEIP de San Cosme temos un exemplar da gran novela de Cervantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario