7 may 2015

CORRELINGUA 2015

O día 5 acudimos á cita do CORRELINGUA en Ribadeo. Salimos de San Cosme compartindo o autobús co IES de Alfoz. Chegamos á Illa Pancha onde centos de nenos de toda A Mariña agardaban para facer a carreira ou a camiñata. Tocounos levar a pancarta co lema da actividade aínda que case no final decidimos soltala e deixarlla aos nenos doutro cole.
A festa era no pavillón onde entregaron os trofeos da carreira, leron poemas e o manifesto, tocaron versións de cantigas de Alfonso X, e para rematar tocou o grupo: Monoulious DOP.
Comimos nun parque que había alí cerquiña, xogamos e marchamos a coller o tren. Tíñamos o vagón para nós soliños e o traxecto fíxosenos curtiño pero pasámolo moi ben e as profes están moi orgullosas do noso comportamento.


























No hay comentarios:

Publicar un comentario