Escrito por: Laura, Aya, Bruno e Álex
O primeiro que visitamos foi a fabrica de patacas: Bonilla ala vista. Chámase así porque o pai do xefe da fábrica era mariñeiro. Sempre quixo producir patacas fritas pero non podía. Cando tiña que embarcar, chegaba tarde e o capitán berraba: Cabo Bonilla, onde estás? e el respondía: Bonilla a la vista!!. O seu fillo construiu a empresa desexada e en honra ao seu pai púxolle este nome.
Aprendimos que as patacas teñen un azucre que se chama almidón.
A chica tirounos unha caixa que tiña bolsas de gusanitos e patacas fritas. Encantáronnos
A continuación, subimos no ascensor que tiña forma de esfera. Desde el vimos a Torre de Hércules, a praia, barcos,...a xente parecía enana!!
Na parte de arriba había un parque, o do Monte San Pedro, no que comimos e xogamos.
Despois de comer fumos ao MUNCYT. Alí aprendimos que a alas dos avións están feitas de cartón con forma de nido de abella. Subimos nunha parte dun BOING 747, en primeira clase!!Tiñamos consola, TV, teléfono, e podíamos mercar con taxeta. Fixemos helicópteros, falamos con robots: Pepe Xan,...
Foto da caixa negra do avión que ten esta cor para poder atopala ben cando o avión de estrella.
A última parte da excursión foi a visita á comisaría de policía. Coñecimos a un can policía que buscaba explosivos e no museo vimos un montón de armas, traxes,...e unha recreación dun asasinato.
Subimos nun coche de policía e tocamos a serea. O policía explicounos que cando nos pasa algo hai que contalo, non hai que gardar. Dixo que se tíñamos algún problema o podemos chamar xa que no cole temos oseu teléfono.
O QUE MÁIS ME GUSTOU.,..
LAURA: o avión e o helicóptero.
AYA: o avión e o museo da poli.
BRUNO: o helicóptero e a escena do crime.
ÁLEX: o can e as armas
VANESSA: subir en primeira clase e a charla do policía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario