Este venres tivemos a primeira saída do curso. A visita enmarcábase de novo dentro da campaña: Un mar de cultura, os nenos e o mar. O lugar elexido foi San Cibrao. Alí visitamos un carpinteiro de ribeira chamado Paco que traballa na construción artesanal de barcos. Explicounos moitísimas cousas, entre elas que era a 7º xeración da súa familia que se adicaba ao mesmo labor. Que a parte dianteira do barco era a popa,..e o museo do mar no que vimos: cráneos de baleas, tartaruga laude, maquetas de barcos de guerra, unha máquina de vapor,.. Xantamos nun merendeiro preto do faro e, por último, o profe Rodrigo, natural desa vila, explicounos cousas importantes sobre esta poboación, como a lenda da Maruxaina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario