9 feb 2016

ENTROIDO

Cando iniciou este curso, e despois da boa experiencia co programa Voz Natura o ano pasado, empezamos co proceso de recopilación de ideas, implicando a mestres, familias e alumnado. Unha nai propúxonos construir un castelo reutilizando bricks de leite. Pareceunos un plan xenial e enseguida puxemos a todas as familias a gardar este productos, lavándoos previamente. A conciencia de REUTILIZAR quedou marcada en toda a comunidade educativa.  Á volta do Nadal os maiores do cole estiveron creando deseños da futura edificación e fai dúas semanas comezaron os labores de contrucción.
·         A primeira fase consistíu en encher con papel de periódicos os bricks para quitarlles toda a humidade.
·         A continuación colocamos uns taboleiros para facer de apoio.
·         Por último, pegar, pegar e pegar con silicona quente.
O tema dos castelos  e a Idade Media, pareceunos moi proveitoso para traballar nas aulas. Así en cada clase estudiamos: as cantigas, os personaxes da época, os códices, o Camiño de Santiago, as fases da idade Media,…
E de tanto reutilizar, xurdíu a proposta de elaborar os disfraces de Entroido reutilizando material como sábanas, mantas, camisetas vellas,…e seguindo a temática do Medievo.
Neste vídeo hai un resumo gráfico da actividade completa.
https://youtu.be/_9mgq-XH6X8




1 comentario: