18 mar 2016

Navallas(Antonio Díaz) e coitelos (Pedro Bermúdez)

Hola  imos a falar da  excursión que fixemos a Taramundi ás navallas de Antonio  Díaz Bermúdez
  • Partes da navalla: folla,mango e vitola.
  • Ferramentas para a navalla: martelo,cizalla,lima,taladro,esmeril e forno,
  • Como é o seu traballo: Parecía difícil pero facía unha navalla en 5 segundos, aínda así tiña que facer moitas cousas.Facía cada día 18 navallas.Seu pai ensinoulle a facer navallas e a seu curmán,que vive ao lado, coitelos.
  • Como se fai una navalla: Collía un trozo de acero inoxidable, e faciao redondo; con eso fixo a parte chamada vitola,e á vitola faille o seu signo que e un "A" feita de puntos. Despois cóllese un trozo de madeira chamada buxo,co que facía o mango. El facía un debuxo que era unha árbore, tallando a madeira con outra navalla. Con outro trozo de acerp inoxidable facía a folla e despois límabao todo e facíalle un burato nas tres partes da navalla co taladro,e xa acabando pintaba o debuxo do mango da navalla con goma laca que é baba dun insecto da india que a solta ao pousarse nunha planta. Por último empaqueta a navalla e mándaa aos fogares dos clientes. 
  • O seu horario é: luns a venres de 9:00 ás 13:00 e de 16:00 a 14:00,os sábados de 9:00 ás 13:00.
  É máis do normal non os parece?!VISITAS GRATUITAS.

Páxina web do artesán de navallas Antonio Díaz.


                                                Autores: Adri e Adrián de 5º de primaria  






No hay comentarios:

Publicar un comentario