15 mar 2016

Unha visita deliciosa

 Excursión a Taramundi e Vegadeo.

A primeira visita foi ao centro de formación para o consumo (en Vegadeo). Chegamos e a  chica que nos atendeu (Conchi)  explicounos o que facían neste centro.Despois deixamos os chaquetóns nunhas sillas e firmamos  nun libro grandote de visitas.
Máis tarde, cunha enorme ruleta de cores, nuhna mesa redonda, Conchi explicounos a importancia de cada alimento.
Ao rato  repartíronos por grupos e déronnos unhas órdenes: debíamos (co noso grupo) coller unha lista da compra, un carrito e cartos (de mentira) para ir a un simulador de un supermercado e alí comprar e buscar os ingredientes necesarios para elaborar una fantástica e riquísima  receta: O BOLO PREÑAO.
 Pumonos delantais e lavamos as mans para cociñar:
  •  O primeiro paso era mezclar a auga e a levadura.
  •  2º: medir a cantidade de fariña necesaria.
  •  3º votar unha pizca de sal.
  •  4º: mezclar todo
  • 5º: deixar reposar uns 15  minutos.
  •  6º: facer a bola e deseguido meter o chourizo e por último fornealo. 
  • Mentres o bolo quentaba, fixemos a etiqueta do alimento coa súa bolsa, ingredientes e hasta un debuxo. 
O forno rematou, collimos os nosos bolos recén quentiños  e con moito gusto despedímonos de  Conchi.
Esperamos volver moi cedo!!!!!!!!!!!!

 Autora e autor, Rosa e Anxo, de 6º de primaria.




















1 comentario: