2 feb 2017

PAZ 2017

Para conmemorar o día da PAZ neste curso, decidimos buscar as orixes e o por que deste día. Para iso tivemos que indagar na vida dunha persoa fascinante: MAHATMA GANDHI. Ao longo de toda a semana o alumnado recopilou información deste home: a súa vida, os seus desexos, o seu país, a súa relixión,...Todos estes datos recolléronos nun mural colectivo que se pode ver no corredor da planta baixa.
Ademais, cumprindo coa tradición, organizamos a III CARREIRA SOLIDARIA en colaboración con SAVE THE CHILDREN. Aínda nos están chegando aportacións polo que non podemos dicir a cantidade total recadada. Partciparon alumnos, pais, profes, persoal non docente,...A finalidade era axudar nos proxectos desta ONG en Etiopía, onde a seca está causando estragos.



































No hay comentarios:

Publicar un comentario