Por fin o tempo deixounos facer a carreira solidaria!! Para o día 30 de xaneiro tíñamos programada esta actividade pero con tanto temporal tivo que ser retrasada.
Con esta carreira colaboramos coa ONG Save the Children e o seu proxecto: quilómetros de solidaridade co que pretende obter fondos para a construción de escolas, canalización de auga, recollida de alimentos...en Malí. Foi todo un éxito tanto a nivel de recadación de diñeiro como de esforzo por parte dos corredores e corredoras, que estaban moi concienciados coa causa xa que o estivemos traballando durante días nas aulas.
Moitas gracias ás familias que patrocinaron as voltas do alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario