9 feb 2015

O Entroido en Galicia


O Entroido galego (tamén chamado Antroido o Introido), é unha celebración de longa tradición popular, sobre todo na provincia de Ourense. 

A sua importancia é tal que oito carnavais galegos exhiben con orgullo a cualificación oficial de "Festa de Interese Turístico". 


Iso si, convén ir disfrazado... do que sexa! Aquí o que se valora é o espírito participativo e as ganas de se divertir. Sen disfrace un corre o risco de sufrir uns lategazos; de que lle boten fariña ou formigas vivas; ou de ter que invitar a una rolda de vinos. É a lei. 

Hai tamén outra lei que se cumpre estritamente: a dos banquetes gastronómicos. Porque en Galicia o Entroido acompáñase sempre dunha boa mesa. Unha cociña de gorentosos pratos, perfecta para reparar forzas, que ten como protagonista o porco e de acompañantes as patacas, os grelos e os garavanzos. De sobremesa, filloasorellasbica. O mellor do mundo.

Os compañeiros de 4º 5º e 6º estivemos investigando sobre o Entroido de Laza e os peliqueiros, e pareceunos moi interesante, quen se anima a investigar un pouquiño sobre outros entroidos galegos? Velaiquí algunhas suxerencias....

Os peliqueiros no Entroido de Laza

As pantallas do Entroido de Xinzo de Limia 

O Entroido de Verín e os cigarróns

Carnaval de Cobres coas damas e os galáns

O Entroido de Viana do Bolo e o seu boteiro

Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda coas mázcaras


Xenerais do Ulla

Entroido de Maceda cos felos

No hay comentarios:

Publicar un comentario